Ir ao contido
Asador La Base

Celebracións

Celebrar en La Base

Vodas, comuñóns e encontros de empresa nunha finca de 38 hectáreas: salón de pedra, terraza empedrada e o piñeiral arredor.

Os espazos

Salon de eventos con mesas largas montadas y sillas de terciopelo ambar

Salón principal

Mesas longas baixo vigas de madeira e muros de pedra. O espazo central da casa, coa cocina de brasa ao lado e unha soa celebración cada día.

Terraza con parasoles y mesas vestidas al atardecer

Terraza e beduina

A terraza empedrada, para o cóctel e a sobremesa ao aire libre. Para banquetes no exterior montamos beduina sobre o mesmo chan, con luz propia e barra de noite.

Sala de estar con la chimenea suspendida y la estructura de acero negro

Sala da lareira

Para grupos pequenos e sobremesa longa. Lume aceso no inverno e mesa única arredor da pedra.

Tipos de celebración

Cadeiras de madeira e caixas con flores preparadas para a cerimonia

Vodas

Cerimonia no prado fronte á casa de pedra, cóctel na terraza e banquete no salón ou baixo beduina.

Ver vodas

Terraza empedrada con sombreiras e butacas de vimbio xunto ao muro de pedra

Comuñóns e bautizos

Mesas familiares con menú curto de brasa e carta específica para os nenos. Espazo exterior valado dentro da finca, á vista desde o salón.

Mesas de madera vestidas en el comedor, junto al muro de piedra

Comidas de empresa

Mesas de ata 60 comensais con servizo en dous turnos se fai falta. Aparcamento propio, factura a nome da empresa e saída rápida.

Interior de madera y piedra con la bodega acristalada

Presentacións de marca e xornadas

Sala con proxección, café da mañá e comida no mesmo recinto. Montaxe de expositores e vehículos no exterior, xunto á terraza.

E algo que non ten ningún outro sitio da comarca

A comida pódese combinar con actividades de motor dentro da propia finca, nas instalacións do club, a poucos metros da mesa. Todo no mesmo recinto e sen desprazamentos.

La Base Motor Club

Motos antigas alineadas na pasarela de madeira, fronte ao muro de pedra

Menús de grupo

Os menús deseñanse a medida sobre a carta de brasa, segundo o número de comensais e a época do ano. Non publicamos prezos: péchanse por escrito coa proposta.

Para pedir proposta, chámanos e vémolo por teléfono.

Deseñada por Maserai Digital