Ir ao contido
Asador La Base
Cadeiras da cerimonia en filas sobre o prado, fronte á casa de pedra e ás hortensias

Vodas

Vodas en La Base

Cerimonia no prado fronte á casa de pedra, cóctel na terraza e banquete no salón ou baixo beduina. Unha soa voda cada día.

A cerimonia

Celébrase ao aire libre, no prado que hai diante da casa de pedra, entre hortensias e co piñeiral detrás. Os convidados aparcan dentro da finca, a poucos pasos.

Altar de madeira con tea branca e flores no prado da finca
Corredor de cerimonia entre cadeiras de bambu, sobre alfombras redondas de xute

Do cóctel á festa

O cóctel

Na terraza empedrada ou no piñeiral, a poucos metros da cerimonia.

O banquete

No salón principal, con mesas longas baixo as vigas e a cocina de brasa ao lado, ou ao aire libre baixo beduina. Ata 200 convidados no salón.

A festa

A beduina ten luz propia e barra de noite. Montaxe, barra e horario de peche acórdanse con antelación.

Mesa de aperitivo con pan e táboas xunto a unha porta de madeira vermella

A finca

Unha casa con historia

A casa de pedra xa aparece en antigos mapas da zona: levantouna o Conde de Vilar de Francos para os traballadores do seu pazo. Hoxe é o asador, e diante está o prado da cerimonia.

Detalles da voda

Conos de papel kraft cheos de pétalos brancos
Cestas de vimbio cheas de pétalos

Menú de voda

O menú deséñase a medida sobre a carta de brasa, segundo o número de convidados e a época do ano. Non publicamos prezos: péchanse por escrito coa proposta.

Para ver datas dispoñibles e pedir proposta, chámanos.

Deseñada por Maserai Digital